Nordés

Mercedes Peón

Compositor: Não Disponível

Mariñeiriño da mare, mariñeiriño da mare,
Debaixo da túa bandeira non me queiras agardare.

Eu nacín-e no berbés, eu nacín-e na ribeira
Traio o balanzo do mare, traio a forza das mareas.
Que ben zoupan os motores, como zoa o vendabale.
Eu veño da fin do mundo, nacida pra navegare.

Miña nai deume os camiños e o meu pai deixoume o mare,
Non tiña máis que deixarme, nin eu penso máis deixare.

Indo polo mar abaixo oín cantar unha serea,
Válgame deus, que ben canta unha cousa tan pequena.
Indo polo mar abaixo oín cantar unha serea,
Válgame deus, que ben canta unha cousa tan pequena.

Mariñeiro destes mares asegura ben a vida,
Os piratas dos despachos pintan rotas podrecidas.
Meu avó foi ao gran sole e o meu pai chegou á angola.
E eu que son mariñeiriña hei dar volta á terra toda.
En hong kong, en singapure, no pireo, en hamburgo,
Ten que haber sempre un galego pra botar un aturuxo.

Indo polo mar abaixo oín cantar unha serea,
Válgame deus, que ben canta unha cousa tan pequena.
Indo polo mar abaixo oín cantar unha serea,
Válgame deus, que ben canta unha cousa tan pequena.

Nin cadeas nin fronteiras, nosa fortuna é o mare.
Nin fronteiras nin cancelas, nacidos pra navegare.

©2003- 2024 lyrics.com.br · Aviso Legal · Política de Privacidade · Fale Conosco desenvolvido por Studio Sol Comunicação Digital